Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

Universo

Coñece as Fun Week de Kids&Us
Coñece as Fun Week de Kids&Us

Durante os períodos vacacionais, é frecuente buscar actividades que permitan ocupar aos nenos e nenas e que conteñan diversión e aprendizaxe. Coa intención de cubrir esta necesidade, Kids&Us desenvolveu unha serie de propostas cheas de diversión en inglés.

O obxectivo das Fun Weeks é que os alumnos fagan inmersión lingüística en inglés durante estas semanas temáticas. As nosas Fun Weeks ofrecen un contexto adecuado para cada grupo de idade cheo de actividades tales como xogos, bailes, teatro, manualidades...

Hai uns anos, Kids&Us iniciou un proxecto moi ambicioso con expectativas innovadoras. Desde entón dispoñemos dun equipo de persoas co principal obxectivo de elaborar as Fun Weeks con contidos únicos e exclusivos das nosas escolas.

Creamos un produto propio de calidade pensado non só para que os nenos simplemente gocen dunhas xornadas lúdicas en inglés, senón para que interioricen vocabulario e expresións neste idioma mediante cancións, contos, teatro, manualidades e xogos. Coidamos o mínimo detalle para poder ofrecer contidos adecuados e que teñan sentido para cada grupo de idade.

En que consisten?

Cada semana mergullámonos nun novo mundo mediante historias diferentes creadas especificamente para mellorar e axilizar a adquisición do idioma.

Para traballar estes temas realizamos diferentes actividades, exclusivamente en inglés, divididas en grandes bloques:

  • Actividades de psicomotricidade: actividades pensadas para realizar xogos que permitirán aos nenos moverse e relacionarse entre eles.
  • A hora do conto (Storytime): pensamos que o uso do conto é clave e esencial á hora de aprender un idioma. Os contos, que creamos de acordo coa temática de cada semana e que se fixeron específicamente para cada grupo de idade, ofrecen a oportunidade de aprender estruturas e vocabulario nun contexto temático. Durante as Fun Weeks contaremos, aprenderemos, representaremos e interpretaremos contos.
  • Manualidades (Crafts): realizaremos manualidades (máscaras, disfraces, figuras de animais...) relacionadas coa temática semanal.
  • Mercado (Market): organizarase un mercado dúas veces por semana, no que os nenos e as nenas converteranse en compradores que deberán pedir o almorzo que queren en inglés, utilizando as expresións adecuadas.
  • Cancións temáticas con coreografía (Songs): Trátase, sen ningunha dúbida, da actividade con máis aceptación das Fun Weeks. As cancións son creadas e compostas seguindo sempre a temática da semana, e adáptanse a cada grupo de idade.
  • Os nosos profesores soben ao escenario (Staff Performance): sen dúbida unha das actividades máis esperadas e aplaudidas polo noso pequeno público. Os nosos profesores disfrázanse e actuan nunha pequena representación onde os nenos e nenas participan como público.

Datos básicos 

  • Idades dos nenos: as actividades van dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos.
  • Número de nenos por grupo: máximo 10 nenos por grupo e profesor.
  • División dos grupos: os nenos estarán divididos por idades en grupos de 3-4 anos, 5-6 anos e 7-10 anos.
  • Calendario: As Fun Weeks son actividades semanais que Kids&Us realiza nos períodos de vacacións escolares: Nadal, Semana Santa, verán.
  • Horario*: 9-13 h. Algúns centros ofrecen horario espertador, que permite aos pais deixar aos nenos no centro antes das 9 h e recollelos despois das 13 h.

* Consultar no centro.

 

Compárteo en >
Pidenos máis información!

Escríbenos! Contestaremos con moito gusto todas as túas preguntas relacionadas coas nosas actividades e requisitos de admisión.

Pedir información
Diversión e aprendizaxe con obradoiros, cancións e bailes.

Máis sobre Kids&Us