Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

Universo

Conoce los talleres de cocina en inglés de Kids&Us
Conoce los talleres de cocina en inglés de Kids&Us

Qué é Little Chef?

Little Chef é o resultado do esforzo do equipo de especialistas do departamento pedagóxico, que traballa para crear contidos exclusivos e únicos cun obxectivo moi claro: facer que o aprendizaxe ol inglés sexa unha experiencia interesante e estimulante para os nenos e as súas familias.

En que consiste?

Creamos un taller de cociña propio, pensado para que os nenos experimenten coa comida, proben novos sabores e descubran que cociñar pode chegar a ser moi divertido. E todo iso en inglés!

As receitas de Little Chef pertencen na súa maioría á cultura anglosaxoa e son divertidas e saudables. Aprenderemos a preparar Oven Free Oatmeal Cookies, Apple Grape Salad, Banana Split ou Yogurt Parfait, nomes moi curiosos para facer da cociña unha ferramenta de inmersión en inglés moi orixinal.

A finalidade de Little Chef é que os nenos e nenas interioricen vocabulario e expresións relacionados coa cociña mentres viven a experiencia de cociñar de forma divertida e en familia.

Datos básicos 

  • Idade: esta actividade diríxese a nenos e nenas de 3 a 10 anos.
  • Número de nenos por grupo: máximo 6 nenos por grupo e profesor.
  • División dos grupos: a actividade Little Chef está dividida en grupos, segundo a idade e a motricidade fina (destreza) dos nenos. Por este motivo, ofrécense dous niveis de Little Chef:

- Nivel 1, para nenos de 3 a 6 anos, acompañados dun adulto.

- Nivel 2, para nenos a partir de 7 anos, con ou sen acompañante.

  • Calendario e horario: cada centro ten o seu propio calendario e horario de actividades; poden consultarse no centro correspondente.
  • Duración da actividade: 90 minutos.

 

Compárteo en >
¡Pídenos más información!

¡Escríbenos! Contestaremos con mucho gusto todas tus preguntas relacionadas con nuestras actividades y requisitos de admisión.

Pedir información
O inglés máis delicioso

Máis sobre Kids&Us

Máis sobre o universo Kids&Us