Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

Universo

Coñece os campamentos urbanos Summer Fun de Kids&Us
Coñece os campamentos urbanos Summer Fun de Kids&Us
Summer Fun

Que son os Summer Fun?

Son campamentos urbanos de verán co obxectivo principal de que os nenos gocen dun verán cheo de actividades en inglés. Neles realizaremos actividades lúdicas, vivenciais e enriquecedoras que terán como lingua vehicular o inglés.

Os Summer Fun lévanse a cabo en instalacións externas aos centros Kids&Us, xa sexan colexios ou centros deportivos, durante todo o día (poden consultarse os horarios segundo localidade).

Cales son os obxectivos?

Cada semana, os nenos embarcaranse nunha nova aventura que, mediante distintas actividades, fará que cheguen a identificarse plenamente cos personaxes dos contos e historias que imos traballar. Os obxectivos son:

  • Que os nenos e as nenas fagan unha inmersión no inglés co fin de mellorar a súa comprensión global. 
  • Que consoliden e interioricen novas estruturas e vocabulario.
  • Crear situacións onde poderán poñer en práctica tanto os seus coñecementos previos de inglés como os que adquirirán, todo iso nun contexto lúdico.

En que consisten?

Cada semana viaxaremos a un novo mundo mediante contos e temáticas variadas, creadas especificamente para mellorar e axilizar a adquisición do idioma.

  • Storytime: o uso do conto é clave e esencial á hora de aprender un idioma. Os contos, que creamos sobre a temática de cada semana e que se adaptaron a cada grupo de idade, ofrecen a oportunidade de aprender estruturas do novo idioma e vocabulario no seu contexto. Durante os English Summer Fun contaremos, aprenderemos, representaremos e interpretaremos contos.
  • Song and Dance Time: trátase de cancións e coreografías creadas para cada unha das temáticas e adaptadas a cada grupo de idade.
  • Crafts: realizaremos manualidades (máscaras, disfraces, figuras de animais), mediante as que os nenos e as nenas desenvolverán as súas capacidades artísticas. Estas manualidades estarán relacionadas co tema que se traballe.
  • Monitored Games: imos xogar! Realizaremos xogos e actividades de psicomotricidade pensados para cohesionar o grupo. Aprenderemos a compartir, a esperar a quenda, etc.
  • Free game: momento de xogo libre para que os nenos e as nenas poñan en marcha a súa imaxinación e se relacionen entre si.
  • Lunchtime: a hora da comida é unha boa ocasión para que os nenos e as nenas aprendan vocabulario e expresións relacionadas con esta actividade. Aproveitaremos este momento, que se repite diariamente, para aprender unha infinidade de estruturas e vocabulario.
  • Staff Performance: os nosos monitores convértense en actores un cachiño cada día. Aos nenos e ás nenas encántalles ver como os seus monitores encarnan a distintos personaxes nunha obra de teatro que van representar por episodios acumulativos durante a semana. Os nenos seguen a obra sen dificultade algunha e, ademais, participan nela.
  • Trips: Onde imos de excursión esta semana? Aos nenos e ás nenas encántalles facer unha pequena escapada cada semana.
  • E os venres... Party Time! Ao finalizar a semana temática abriremos as portas ás familias para que veñan ver todo o que os nenos aprenderon durante a semana: bailes, cancións e o resto de actividades en inglés.

Datos básicos

  • Idades dos nenos: as actividades van dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
  • Número de nenos por grupo: máximo de 10 nenos por grupo e profesor. En cada English Summer Fun dispoñemos dun coordinador do campamento.
  • División dos grupos: os nenos estarán divididos por idades en grupos de 3-4 anos, 5-6 anos, 7-9 anos e 10-12 anos.
  • Calendario*: os Summer Fun son actividades semanais que Kids&Us realiza nos períodos vacacionais de verán.
  • Horario: poden consultarse os horarios para cada English Summer Fun na documentación creada para ese efecto.

*Consultar no centro.

www.kidsandussummerfun.com

Compárteo en >
Pidenos máis información!

Escríbenos! Contestaremos con moito gusto todas as túas preguntas relacionadas coas nosas actividades e requisitos de admisión.

Pedir información
Días completos cheos de actividades co inglés como lingua vehicular

Máis sobre Kids&Us

Actividades Kids&Us para as vacacións