Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

As aulas de Kids&Us estante a agardar!

Publicado 28/08/2017

É pensar na volta ao cole e non poder evitar sorrir. Todos necesitamos un pouco de rutina e a nosa é encher as aulas e os corredores de nenos, nenas, mozos e mozas para afrontar un novo curso connosco.

O próximo 18 de setembro o noso centro empeza as clases e todos os alumnos descubrirán os novos personaxes que lles acompañarán ao longo de todo o ano.

Os nervios por coñecer profesores e compañeiros novos, as carreiras da primeira semana buscando a aula correcta, as caras de sorpresa dos bebés (e dos seus pais e nais!) que entran por primeira vez nas nosas escolas… Por todo iso Kids&Us Lugo vive o inicio dun novo curso coa mesma ilusión que o primeiro día e coa seguridade de que todo está preparado e a punto para volver empezar.

Un novo curso moi especial

O curso 2017-2018 será moi importante para Kids&Us, porque durante 2018 celebrará 15 anos de vida e, aínda por riba, a primeira xeración de alumnos Kids&Us acabará a súa etapa connosco: son os alumnos que cursarán Subscription 2.

Kids&Us inicia o novo curso con máis de 115.000 alumnos nos 377 centros que temos entre España, Andorra, Bélxica, Francia, Italia, Marrocos, México e Republica Checa.

Empeza a conta atrás para un novo curso!

Compárteo en >