Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

Coñécenos

Coñécenos

Coñécenos
Coñécenos

Natural English

En Kids&Us os nenos crecen acompañados dos nosos personaxes e historias. Os nosos cursos son unha maneira aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo, que lles permitirá ir asumindo competencias lingüísticas e alcanzar os distintos niveis establecidos no Marco Común Europeo de Referencia (MCER).

Coñece os nosos cursos:

Babies. From the first year of life.

1 e 2 anos 
Acompañados de dous ratiños agarimosos e simpáticos, os máis pequenos introduciranse  no mundo do inglés. Este percorrido iníciase nun entorno rico en estímulos emocionais, onde se promove a interacción dende o primeiro día e onde as primeiras palabras na súa lingua materna e en inglés xurdirán dos seus beizos case ó mesmo tempo.

Kids. Learning to the rhythm of nature.

A partir dos 3 anos
Os personaxes de Kids&Us medran ó mesmo ritmo que os nosos alumnos, porque se inspiran neles, nenos e nenas reais que pertencen a distintos grupos de idade. Xunto cos protagonistas de cada curso, os estudantes seguirán aprendendo inglés a través de situacións moi próximas ós seus intereses e motivacións.

Tweens. Inquisitive minds grow everywhere.

A partir dos 9 anos
Grazas á base oral conseguida na etapa Kids, os alumnos de Tweens poderán seguir avanzando na interiorización dun gran número de estruturas e expresións idiomáticas. Consolidarán a lectura e comezarán a escribir os seus primeiros textos, a partir de situacións e personaxes que conectan coas inquietudes da preadolescencia.

Teens. Inspire the world you see.

A partir dos 13 anos
A adolescencia é un momento de apertura ó mundo no que a mente absorbe novas realidades e necesita da linguaxe para explicalas. Os cursos Teens aproveitan as novas potencialidades do cerebro adolescente para dar un gran paso na aprendizaxe do idioma e conseguir que os estudiantes poidan comunicarse en moitas máis situacións e contextos.

Fotos do centro

Recepción nenos
Aula Magna
Clara para nenos de 1 e 2 anos
Clase Kids
Kids&Us é una metodoloxía única de aprendizaxe baseada en como aprendemos a nosa lingua materna. Coñece o noso método único.
Compárteo en >