Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

English for Life é o título da nova campaña de Kids&Us que segue innovando ano tras ano

Publicado 03/05/2017

Kids&Us pon ao alcance dos alumnos unha das ferramentas máis importantes para o seu futuro: o inglés. Un inglés cheo de matices, que medra e evoluciona ao seu lado e que fará que non teñan límites. Kids&Us tampouco se pon límites á hora de mellorar a aprendizaxe dos seus alumnos. Por este motivo, cada ano as familias descobren moitas novidades, revísanse os cursos, crece o universo de actividades e produtos Kids&Us e a calidade e a excelencia mantéñense en niveis altísimos.

English for Life

Mostra deste altísimo nivel de esixencia é a presentación da nova campaña anual que se inspira no mundo do cinema, a maior fábrica de soños, co obxectivo de que os nosos alumnos sexan os directores da súa propia historia. Kids&Us quere que o idioma non sexa un impedimento para que os seus alumnos fagan realidade os seus soños.

Estreno na gran final de “La Voz Kids”

Por primeira vez, Kids&Us realizará un lanzamento mundial da campaña en todos os países de forma simultánea.

A campaña, que leva por nome, English for Life, estrearase a noite do próximo venres día 5 durante a final dun dos programas de máis éxito da televisión actual: “La Voz Kids”. O escenario escollido para emitir o primeiro anuncio da nova campaña non pode ser máis especial, e é así porque a ocasión meréceo.

Non te perdas o lanzamento da nova campaña de Kids&Us este venres 5 de maio en televisión, e segue todas as novidades que iremos publicando nos nosos perfís de redes sociais ao longo das seguintes semanas.

Compárteo en >