Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

Kids&Us Lugo asiste á mesa redonda sobre Plans de Igualdade.

Publicado 16/03/2017 por Coordinación Kids&Us Lugo

Onte, o equipo pedagóxico de Kids&Us Lugo asistiu á presentación do proxecto Coeduca consultora por parte da súa Directora, Pilar Porral. Trátase da primeira entidade especializada en coeducación que elabora Plans de Igualdade de centro específicos para Galicia.
Consideramos fundamental apoiar este tipo de iniciativas, tan necesarias e fundamentais nestes días nos que por desgraza a desigualdade por mor do xénero crea constantes conflitos na sociedade.

Cremos firmemente que a Educación é a mellor ferramenta para o cambio e, sobretodo, para inculcar estes valores a tódolos nenos e nenas.

kidandus lugo coeduca pilar porral
Compárteo en >