Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Lugo

World Book Day!

Publicado 20/04/2018

En  Kids& Us sumámonos á celebración dun día tan máxico e marabilloso como é o  World  Book  Day, e queremos facelo revelándote algúns dos segredos dos personaxes que enchen de historias os libros da nosa liña editorial. Por exemplo:

 

Sabías que  Nori  Nosy é tan só o primeiro personaxe da colección  Many  Monsters? Está atento porque moi pronto haberá máis libros protagonizados por  monstros, a cal máis entrañable, e cunhas habilidades  monstruosamente especiais.

 

Betty  Sheep é a adorable  ovelliña negra que descobre o mundo a medida que medra xunto ao seu inseparable amiga  Catty. Sabías que  Betty ten catro irmás e un irmán, pero todos son brancos? 

 

Despois de protagonizar en solitario uns cantos libros, na súa última aventura  Gina  Ginger atópase acompañada de Charlie  Chives, un novo veciño cunha mascota moi  colorida e especial.

 

Os  Superkids, Holly e  Billy, van máis aló dos seus libros cos seus incribles  superpoderes. Sabías que son os protagonistas dunha serie de animación exclusiva para os alumnos de  Kids& Us?

 

E para os máis maiores? A colección  Readers converterá aos lectores nos protagonistas de fabulosas historias. Lecturas repletas de aventuras e diversión.

 

Se queres coñecer ós personaxes dos nosos libros podes acercarte ó noso centro Kids&Us ou ben consultar a nosa Online Shop.

Compárteo en >